About
sobre mi
Mr. Vieito
Bio
Biography
Diego Vieito Bouzán, natural de Negreira (A Coruña), é un músico galego versátil: batería profesional, percusionista, produtor, DJ,
locutor de radio. Coñecido pola súa enerxía e eclecticismo, transita entre o rock, o jazz, a música latina, a pachanga e a música
clásica, sen deixar de lado a experimentación electrónica.
Leva máis de 20 anos ligado á música, tanto en escenarios como en proxectos de gravación e produción. Coñece a maior parte da
música que hai en Galicia xa que participou en todo tipo de agrupacións, dende bandas de música (Negreira, Brión, Lousame),
charangas (Mekánika) orquestras de verbena (La Fórmula,
Televisión, Abanico…) grupos de rock,
bandas de jazz-fusión (Modern
Pulpo), proxectos de música latina e espectáculos multidisciplinares.
Como Mr. Vieito, desenvolve unha faceta máis orientada á produción e á música electrónica con raíz galega, con temas como “Por
Aqueles Tempos” ou o álbum de Lo-Fi instrumental “Chove en Galicia”.
Baixo o alias Capitán Sabrosura, aposta por un estilo festivo, irreverente e bailable, no que mestura ritmos latinos, electrónica, ritmos bailables e humor. Cancións como “Liada”, “Chegou o Sabor” ou “Eu churrasco ó forno non como” amosan esa vertente lúdica e popular, que tamén o levou á Radio e televisión de Galicia en colaboracións cargadas de retranca e tendo o seu propio programa sobre música galega, o “Sabrosura Fest”.
Actualmente é batería da banda Poi liderada por Tonhinto de Poi e batería do grupo Dos Hombres y Tercio.
Ademais da súa carreira artística, Diego Vieito participa activamente en programas e espazos musicais, compartindo a súa visión
creativa e achegando proxectos novos á escena galega.
Hire Me